martes, 6 de marzo de 2012

Educando en boas maneiras? () ¿Educando en buenas maneras?

Unha fermosa tarde de sábado.
Unha rúa peonil dunha cidade.
Unha familia paseando: o pai, a nai, o avó, a avoa e, por suposto, un neno. Un pequeno duns tres anos brincando feliz da man do seu proxenitor.
Todo normal.
Ata que tan marabillosa postal tórnase grotesca.
De repente o pai do pequeno lánzalle con ímpetu un esgarro á cara ante a indiferencia do resto dos adultos.
O cativo tralo susto inicial rompe a chorar a bágoa tendida.
Entón, a avoa aloumíñao e trata de calmalo á vez que reprende, sen moito aquel, ao fillo e interrógao polo feito.
Éste todo cheo de razón resposta: "Así aprenderá para toda la vida que no se escupe en la calle".
Novamente, silenzo que só racha o choro do crío.
Non sei vós co que conto pero eu quedei coa boca aberta ante a escena.
Sinceiramente, nunca tal cousa vira.
É esa maneira de educar?
Dá medo pensar que cando unha chegue a ser nai poida actuar de xeito semellante.
Éntranme arrepíos.


Una hermosa tarde de sábado.
Una calle peatonal de unha ciudad.
Una familia paseando: el padre, la madre, el abuelo, la abuela y, por supuesto, un niño. Un pequeño de unos tres años saltando feliz de la mano de su progenitor.
Todo normal.
Hasta que tan maravillosa postal se vuelve grotesca.
De repente el padre el pequeño le lanza con ímpetu un escupitajo a la cara ante la indiferencia del resto de los adultos.
El  chaval tras el susto inicial rompe a llorar a lágrima tendida.
Entonces, la abuela le da unos mimos y  trata de calmarlo a la vez que reprende, sin mucho ímpetu, al hijo y lo interroga por el hecho.
Éste todo lleno de razón responde: "Así aprenderá para toda la vida que no se escupe en la calle".
Nuevamente, silencio que sólo rompe el lloro del crío.
No sé vosotros con lo que cuento pero yo quedé con la boca aberta ante la escena.
Sinceramente, nunca tal cosa vi.
¿Es esa manera de educar?
Da mIedo pensar que cuando una llegue a ser madre pueda actuar de manera parecida.
Me entran escalofríos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario