miércoles, 6 de junio de 2012



Un té diferente ()Un té diferente
 

O sábado descubrín un sitio diferente para tomar un café*: O COFFEE BAR ABBEY ROAD.  

No Porto de Curuxeiras, no muelle de Ferrol, instalaron haberá uns meses un espectacular autobús londinense de dous pisos. O típico bus vermello de Londres que, neste caso, está acondicionado como cafetería. Recomendo a todo o mundo que non perda a oportunidade de visitalo e gozar dun té mirando o mar.


Para os nenos é toda unha novidade e encántalles. O sábado á mañá había alí arredor dunha media docena de cativos entusiasmadisimos.

Este tipo de iniciativas son estupendas. Un moi bo xeito de revitalizar a cidade departamental, de darlle vida e cor.

Podedes ver máis datos do COFFEE BAR ABBEY ROAD na Voz de Galicia.

*[Digo café polo costume social existente. Todo o mundo di "quedar para tomar un café" aínda que se tome outra cousa. Eu son desas, das que toman outra cousa porque o café non che vai nadiña. Eu son de té. Hai quen é de Pepsi e quen o é de Coca Cola. Pois neste caso hai quen é de café e quen o é de té. E esa do té son eu.]

  

  
El sábado descubrí un sitio diferente para tomar un café*: El COFFEE BAR ABBEY ROAD.  

En el  Puerto de Curuxeiras, en el muelle de Ferrol, instalaron hace unos meses un espectacular autobús londinense de dos pisos. El típico bus rojo de Londres que, en este caso, está acondicionado como cafetería. Recomiendo a todo el mundo que no se pierda la oportunidad de visitarlo y de disfrutar de un té mirando al mar.
Para los niños es  toda una novedad y les encanta. El sábado por la mañana había allí alrededor de media docena de chavales entusiasmadísimos.

Este tipo de iniciativas son estupendas. Un muy buyen modo de revitalizar la ciudad departamental, de darle vida y color.

Podes ver más datos del COFFEE BAR ABBEY ROAD en La Voz de Galicia.


*[Digo café por la costumbre social existente. Todo el mundo dice "quedar para tomar un café" aunque  se tome otra cousa. Yo soy de esas, de las que tomas otra cosa porque el café no me va nadita. Yo soy de té. Hay quien es de Pepsi y quien es de Coca Cola. Pues en este caso hay quien es de café y quien es de té. Y esa del té son yo.]


viernes, 1 de junio de 2012


Primeiro de xuño () Primero de junio

Pasaron xa trece anos dende aquel primeiro de xuño en que abuela Lola morreu. Sen embargo o paso do tempo non fixo que ninguén na casa esquecéramola nin un chisco. Constantemente está presente nas nosas conversas, nos nosos recordos e, por suposto, nos nosos corazóns.
Hoxe levámoslle flores, as súas flores, flores da súa horta. Dende logo non habería outras que lle gustasen máis.
Fai anos describín así como me sentín coa súa falta:


FOISE


Sentíame totalmente baleira, acababa de perder a alguén e a desesperación apoderábase do meu ser. A súa visión exhalando o seu último minuto de vida, a súa cara compunxida e, finalmente, a tranquilidade que se lle adiviñaba no rostro xusto no momento de marchar, era demasiado para min. A man que eu estaba a suxeitar perdera toda a súa forza e a vida escapábaseme das mans. Nada podía facer, a miña impotencia ante as leis naturais da vida e da morte era total.
Tiña gañas de berrar, de pedirlle explicacións, de ordearlle que se erguera, prohibirlle que se fora... Por que? Como podía facerme algo así?
Durante meses, esa imaxe non me abandonou, era a miña máis fiel compañeira, arrastrábame con ela e non me deixaba avanzar, continuar coa miña vida. A sensación de soidade e desamparo estaba presente a cada instante, sentía unha grande ausencia, a ausencia da súa vida, da súa presenza, da súa face, do seu sorriso, das súas palabras, das súas queixas...
En todo notábase a súa falta: unha habitación deserta, un sofá baleiro, un prato ausente na mesa... Só estaba presente e seguía a vivir no recordo, no meu recordo, nos nosos recordos.

Pouco máis hai que dicir...



Ya pasaron trece años desde aquel primero de junio en que abuela Lola murió. Sin embargo el paso del tiempo no hizo que nadie en casa la olvidáramos ni una pizca. Constantemente está presente en nuestras conversaciones, en nuestros recuerdos y, por supuesto, en nuestros corazones. .
Hoy le llevaremos flores, sus flores, flores de su huerta. Desde luego no habría otras que le gustaran más. 
Hace años describí así como me sentí con su falta: 


SE FUE



Me sentía totalmente vacía, acababa de perder a alguien y la desesperación se apoderaba de mi ser. Su visión exhalando su último minuto de vida, su cara compungida y, finalmente, la tranquilidad que se le adivinaba en el rostro justo en el momento de marcharse, era demasiado para mi.  La mano que yo estaba sujetando perdiera toda su fuerza y la vida se me escapaba de las manos. Nada podía hacer, mi impotencia ante las leyes naturales de la vida y la muerte era total. 
Tenía ganas de gritar, de pedirle explicaciones, de ordenarle que se levantara, prohibirle que se fuera... ¿Por qué? ¿Cómo podía hacerme algo así?
Durante meses, esa imagen no me abandonó, era mi más fiel compañera, me arrastraba con ella y no me dejaba avanzar, continuar con mi vida. La sensación de soledad y desamparo estaba presente a cada instante, sentía una gran ausencia, ausencia de su vida, de su presencia, de su cara, de su sonrisa, de sus palabras, de sus quejas...
En todo se notaba su falta: una habitación desierta, un sofá vacío, un plato ausente en la mesa... Sólo estaba presente y seguía viviendo en el recuerdo, en mi recuerdo, en nuestros recuerdos.


Poco mas hay que dicir...


jueves, 3 de mayo de 2012

Leitugas () Lechugas

Quería ensinarvos as miñas leitugas da horta. Son as primeiras desta primavera e dá xenio velas. Con esas cores tan intensas!  Hai plantadas catro variedades: romana, folla de carballo vermella, lollo rosa e batavia.
Fáiseme a boca auga só de pensar en facer unha boa ensalada misturando as diferentes leitugas. Mmmm!


Quería enseñaros mis lechugas de la huerta. Son las primeras de esta primavera y da genio verlas. ¡Con esos colores tan intensos!  Hay plantadas cuatro variedades: romana, hoja de roble roja, lollo rosa y batavia.
Se me hace la boca agua solo de pensar en hacer una buena ensalada mezclando las diferentes lechugas. Mmmm!

lunes, 23 de abril de 2012


Libros () Libros
Aprendizaxe, soños, viaxes, ilusións, mil e unha aventuras...
Todo isto e moito máis atópase nos libros.
Tamén AMOR.
AMOR POLOS LIBROS:
Un AMOR que se aprende de moi cativo. Case sempre vendo aos pais moi quedos, cos ollos moi fixos sobre un libro e na cara moita emoción.
Un AMOR que pouco a pouco aniña no teu pequeno corazón e apodérase de ti: aqueles primeiros contos con letras enormes e cheos de cor, os barcos de vapor, os pequenos vampiros, os alfaguara...
E andando no tempo Kafka, Delibes, Buero Vallejo, Ecco, Reverte, Baricco e tantisimos outros...
LIBROS.
MOI FELIZ DÍA DO LIBRO!!
Aprendizaje, sueños, viajes, ilusiones, mil y una aventuras...
Todo esto y mucho más se encuentra en los libros.
También AMOR.
AMOR PR LOS LIBROS:
Un AMOR que se aprende de muy pequeño. Casi siempre viendo a los padres muy quietos, con ojos muy fijos sobre un libro y en la cara mucha emoción.
Un AMOR que poco a poco anida en tu pequeño corazón y se apodera de ti: aquellos primeros cuentos con letras enormes y llenos de color, los barcos de vapor, los pequeños vampiros, los alfaguara...
Y andando en el  tiempo Kafka, Delibes, Buero Vallejo, Ecco, Reverte, Baricco y tantisimos otros...
LIBROS
¡¡MUY FELIZ DÍA DEL LIBRO!!

martes, 10 de abril de 2012

Peonías () Peonías


Xa hai máis de quince días que comezou a primavera, sen embargo, para min o seu comezo marcouno estes días a peonía de árbore do xardín ó mostrar as súas impresionantes flores: catro nada menos! (É a primeira vez que alcanza este número, nunca pasara de dúas flores e estou encantada).

Ya hace más de quince días que empezó la primavera, sin embargo, para mi su comienzo lo marcó estos días la peonía de árbol del jardín al mostrar sus impresionantes flores: ¡cuatro nada menos!  (Es la primeira vez que alcanza este número, nunca pasara de dos flores y estoy encantada).

A beleza das peonías, tanto mentras son casulos como cando despregan a súa impoñente cor ó abrir, é marabillosa. Ó observar estas fermosas flores de orixe asíatico (é a flor tradicional da China) debúxase un sorriso nos beizos. É tal a forza visual das peonías que hipnotizan (polo menos a min, que dicides vós?). Unha forza que contrasta coa delicadeza e fraxilidade dos seus pétalos de seda.

La belleza de las peonías, tanto mientras son capullos como cuando despliegan su imponente color al abrir, es marabillosa. Al observar estas hermosas flores de origen asiático (es la flor tradicional de China) se dibuja una sonrisa en los labios. Es tal la fuerza visual de las peonías que hipnotizan (por lo menos a mi, ¿qué decís vosotros?). Una fuerza que constrasta con la delicadeza y fragilidad de sus pétalos de seda.




As peonías son unha flor fermosisima para o ramo de voda. Eu tiña unhas ganas tolas de levar de ramo as peonías do meu xardín que ademais ían perfectas co meu vestido pola súa cor fucsia. Pero claro, casei en setembro non en primavera e por riba, o ano pasado o arbusto decidiu tomarse unhas vacacións e non deu nin unha soa flor (este ano recompensoume con catro!! Non me poido queixar). Ó final levei un ramo ben distinto pero que tamén deu moito xogo (pero esa é outra historia...).

Las peonías son una flor hermosísima para el ramo de novia. Yo tenía unas ganas locas de llevar de ramo las peonías de mi jardín que además iban perfectas con mi vestido por su color fucsia. Pero claro, me case en septiembre no en primavera y además, el año pasado el arbusto decidió tomarse unas vacaciones y no dió ni una sola flor (¡¡este año me recompensó con cuatro!! No me puedo quejar). Al final llevé un ramo muy distinto pero que también dió mucho juego (pero esa es otra historia...).

 

Se alguén coñece un viveiro onde se adiquen ó cultivo das peonías vos agradecería que mo digades. Estou tentando facerme con outras variedades de peonías arbustivas.

Si alguien conoce un vivero donde se dediquen al cultivo de peonías os agradecería que me lo digais. Estoy intentando conseguir otras variedades de peonías arbustivas.




miércoles, 21 de marzo de 2012

Flan de laranxa () Flan de naranja

  
Hoxe toca cociñar. A primeira vez na breve historia deste blog (e non será a última!). Pero o certo é que a estrea non podía ser mellor: un flan de laranxa que en canto sintades o seu riquisimo gosto cítrico nas papilas gostativas repetiredes seguro. A min encántame ese punto ácedo que ten e a súa textura suave en boca.

O primeiro paso é revisar na cociña se temos tódolos ingredentes (cousa non moi difícil posto que a receita é moi sinxela e non leva ningún ingredente raro). Ademais de ser moi fácil de preparar tamén é rápido, arredor duns quince minutos. E é que o flan de laranxa teno todo: é fácil, rápido, sano e sobre todo DELICIOSO.

Precisamos:


* 5 laranxas (mellor se son da propia horta porque son máis saborosas. Teñen que dar medio litro de zume)
* 1 Iimón (o zume)
* 200 gramos de azucre
* 2 culleiradas de fariña fina de mainzo (tipo Maizena)



Imos aló:
Nunha cazola fervemos o zume das laranxas e o limón misturado co azucre.
Logo, desfacemos a  fariña en seis culleiradas de auga fría e engadímolo á mistura. 
Removemos cunha culler de madeira

Unha vez que ferveu vertémolo nunha flaneira mollada e deixar enfriar no frogorífico un par de horas. Anque o mellor, é prepar o flan o día anterior porque vai quedar con maior consistencia.
Xa me diredes se é ou non un postre moi saboroso ademais dunha forma divertida de tomar froita para os máis pequenos. En casa este flan é todo un éxito.




()()()()()()()()()()()()()()()()()()()



Hoy toca cocinar. La primera vez en la breve historia de este blog (!y no será la última!). Pero lo cierto es que el estreno no podía ser mejor: un flan de naranja que en cuanto  sintáis su riquísimo guosto cítrico en las papilas gostativas repetiréis seguro. A mi me encanta ese punto ácido que tiene y su textura suave en boca.
El primer paso es revisar la cocina para ver si tenemos todos los ingredientes (cosa no muy difícil ya que la receta es muy sencilla y no lleva non ningún ingrediente raro) . Además de ser muy fácil de preparar también es rápido, apenas unos quince minutos. Y es que el flan de naranja lo tiene todo: es fácil, rápido, sano y sobre todo DELICIOSO.

Necesitamos:

* 5 naranjas (mejor si son del propio huerto porque son más sabrosas.Tienen que dar medio litro de zumo)
* 1 Iimón (el zumo)
* 200 gramos de azúcar.
* 2 cucharadas de harina fina de maíz (tipo Maizena)


Vamos allá:
En una cazuela hervimos el zumo de las naranjas y del limón mezclado con el azúcar.
Luego, deshacemos la harina en seis cucharadas de agua fría y la añadimos a la mezcla.
Removemos con una cuchara de madera y cocinamos dos minutos más después de que hierva.
Una vez que ha hervido lo echamos en una flanera mojada y lo dejamos enfriar en el frigorífico un par de horas. Aunque lo mejor es preparar el flan el día anterior porque va a quedar con mayor consistencia.
Ya me diréis si es o no un postre sabroso además de una forma divertida de tomar fruta para los más pequeños. En casa este flan es todo un éxito.




jueves, 8 de marzo de 2012

Lilith () Lilith
Hoxe é o día internacional da muller. E para conmemorar este día propóñovos escoitar o tema "Lilith" do álbum de Pedro Guerra "Hijas de Eva" (2002) onde o cantautor denuncia a situación de discriminación que sufriron e sufren as mulleres no mundo. O resto das cancións de "Hijas de Eva"  (Burka, Pobres, Rosario, Eva, Niña, Madres, Malicunda, etc.) tampouco teñen desperdizo. Dito queda.


Hoy es el día internacional de la mujer. Y para conmemorar este día os propongo escuchar este tema del álbum de Pedro Guerra "Hijas de Eva" (2002) donde el cantautor denuncia la situación de discriminación que sufriron y sufren las mujeres en el mundo. El resto de las canciones de "Hijas de Eva" (Burka, Pobres, Rosario, Eva, Niña, Madres, Malicunda, etc.) tampoco tienen desperdicio. Dicho queda.

LETRA:
"¿Quién fue la primera mujer
la que se hartó de vivir para Adán
y se marchó del Edén?
¿Quién fue la mujer que pasó
del paraíso del bien y del mal
y sin pensarlo se fue?
Ni heroína, ni princesa,
ni voluble, ni perversa,
crece libre y no se deja
someter.
¿Quién fue la mujer que también
surgió del polvo y la arcilla y no fue
hueso del hueso de Adán?
¿Quién fue la mujer que creció
en la subversión y no quiso entender
el sexo sin libertad?
Ni heroína, ni princesa,
ni voluble, ni perversa,
crece libre y no se deja
someter.
Lilith fue la primera mujer,
Lilith fue la primera mujer,
la primera mujer.
¿Quién fue la mujer que cansada
de vivir infeliz y atrapada
se decide a volar?
¿Quién fue la primera mujer
que independiente en su forma de ser
no se dejó gobernar?
Ni heroina, ni princesa,
ni voluble, ni perversa,
crece libre y no se deja
someter.
Lilith fue la primera mujer,
Lilith fue la primera mujer,
la primera mujer."


  Primeira representación de Lilith.
Terracota con restos de policromía (2025-1594 a.C.)
() Primera representación de Lilith.
Terracota con restos de policromía (2025-1594 a.C.)